Thursday 09 de May de 2024

Papá Noel visita a Gran Festa de Nadal de Touro


 

Os nenos e nenas de Touro foron os protagonistas da Gran Festa do Nadal celebrada venres á tarde na Casa da Cultura do Concello. Papá Noel visitou aos pequenos e pequenas, tomou nota das súas peticións para a noite do 24 de decembro e desexoulles unhas felices festas. Preguntou un a un se foran bos durante o ano. Xa comenzaron as celebracións do Nadal 2018 en Touro.

Os nenos e nenas do Concello, xa de vacacións, acudiron á Gran Festa de Nadal. Alí vestíronse con motivos navideños, bailaron, cantaron e participaron nos diferentes obradoiros organizados polo Concello de Touro. Depois de saudar a Papá Noel participaron na merenda e comeron palomitas feitas no momento. E todo amenizado con música e animación. A diversión estivo garantizada. Foi unha tarde completa de música e diversión para preparar a chegada de regalos que traerá Papá Noel.